EN (clave) PROXECTO INTEGRAL DE EDUCACIÓN, IGUALDADE E SAÚDE
PROXECTO EDUCATIVO EN(CLAVE) A necesidade prioritaria de traballar accións relacionados coa promoción social da igualdade de xénero, a resolución de conflitos e a saúde mental viuse agudizada polo escenario de crise sanitaria, a convivencia forzada, os cambios socioeconómicos e a imposibilidade de relacionarse de maneira presencial afectando especialmente a colectivos en situación de vulnerabilidade. Neste escenario aumentaron significativamente as demandas por parte dos centros educativos da creación de redes de apoio e programas de benestar e saúde emocional do alumnado. Dende as áreas de educación e igualdade do Concello de Boiro, enténdese necesario, neste contexto postpandémico, desenvolver un proxecto que traballe dende unha perspectiva integral en colaboración con outros axentes presentes no territorio, na promoción de actividades en materia de saúde e igualdade no ámbito educativo. O propósito é impulsar o cambio de valores, actitud...