Servizos

QUE SON E PARA QUE SERVEN?

  

Ø  CONCELLO DE BOIRO:

·              Centraliña: Información xeral sobre servizos do Concello de Boiro.

Web:boiro.gal. (Información xeral, cita previa, sede electrónica, portal tributario…)

 

·              Gabinete de Alcaldía: Concertar xuntanzas co alcalde ou concelleiros/as, difusión de actividades RELEVANTE dos centros e ANPAS

 

·               Servizos Sociais:

O Servizo Social Municipal é un conxunto de servizos públicos e gratuítos de actuacións orientados a mellorar o benestar social da cidadanía mediante da prestación de  información, atención e apoio ás persoas e ós colectivos vulnerables.

Son obxectivos do sistema galego de servizos sociais os seguintes:

 

a)        Facilitar alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se encontran en situación ou en risco de exclusión social.

 

b)        Garantir a vida independente e a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia integrando, a estes efectos, o catálogo de prestacións do sistema para ola autonomía e atención á dependencia.

 

c)        Dar protección e oportunidades sociais e educativas a menores de idade e a aquelas outras persoas que se encontren en situación de conflito ou de desamparo. d) Previr a aparición de calquera situación de dependencia, exclusión, desigualdade ou desprotección ás que fan referencialos obxectivos anteriores.


d) Previr a aparición de calquera situación de dependencia, exclusión, desigualdade ou desprotección ás que fan referencialos obxectivos anteriores. 


 e)    Proporcionar oportunidades e recursos que garanten a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral. Boletín Oficial Do Estado Lexislación Consolidada Páxina 11

 

f)   Facilitar a execución de políticas públicas de anticipación a unha sociedade multicultura emerxente, favorecendo a integración e socialización normalizada de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas.

 

g)    Promover e dinamizar a participación comunitaria, o asociacionismo solidario, a axuda mutua e a implicación da cidadanía na posta en marcha de iniciativas de prevención e mellora da cohesión social.

 

h)       Facilitar a aplicación efectiva nos seus servizos e programas de políticas transversais que incidan na eliminación de todo tipo de discriminación selectiva e exclusión social.

 

i)    Garantir o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas.

 

j) Sensibilizar, informar e promover valores de solidariedade e integración na sociedade galega.


 k) Promover e garantir el dereito universal da cidadanía galega ao acceso aos servizos sociais, garantindo a suficiencia presupostaría que asegure a súa efectividade.

 

Mais información: DOGA Núm.63  do veneres 30 de marzo do 2012 páx. 11267

Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios.

 

·               Centro De Información á Muller (CIM)

Servizo gratuíto para mulleres que desexen información e asesoramento individualizado ou colectivo e apoio en temas xurídicos, sociais, laborais e psicolóxicos, así coma calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre homes e mulleres de xeito que lles permitan desenvolver plenamente os seus dereitos.

Poderán prestar atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo o asociación de mulleres, así como a calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.

a)        As actividades de prevención, información, asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas  desta violencia, serán prioritarias nos CIM. Nestes casos a atención, ademais de ás  mulleres vítimas de violencia de xénero, poderanse  estender ás fillas e fillos e ás persoas menores ou maiores dependentes de elas. Estas actuacións estarán dirixidas a reducir o impacto negativo que a situación de violencia produce nestas persoas en tódolos ámbitos.

b)        Tamén será prioritaria a atención a mulleres pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou rico de exclusión social.

 

c)        Así mesmo, os CIM tamén poderán prestar información e asesoramento na súa área de influencia ao colectivo de persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (en adiante colectivo LGTBI), tanto individualmente como ás asociacións e federacións que o demanden.

d)        Os diferentes servizos que presten os CIM serán dispensados a calquera persoa usuaria que, individual ou colectivamente, os solicite, sen poder exixir que teña a condición de persoa empadroada ou residente no concello ou ámbito territorial correspondente en caso de que proceda dun concello no  que non existe este servizo.

Máis información: DOG Núm.188 do Luns 3 de outubro do 2016, páx. 45369

Decreto 130/216, de 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e procedementos para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller.

·               Dependencias Culturais Municipais

Todas as dependencias culturais do Concello de Boiro están ó servizo da cidadanía tanto de xeito individual coma colectivo. Toda a cidadanía pode acceder as dependencias de forma gratuíta. Prestan e dan facilidades  para a ensinanza e a práctica das diferentes expresións culturais, así como para levar a cabo a difusión, formación, capacitación, investigación, organización e apoio á creación artística, ditando obradoiros en diferentes áreas artísticas como son danza, teatro e narración oral, música, artes plásticas, literatura, entre outras; e dirixido a crianzas, mozos, adultos e adultos maiores.

a)    Todos estes centros contan cun persoal técnico que lles pode informar, asesorar, colaborar, etc. en todo momento cando o precisen.

b)    Ó longo do ano estes centros contan cunha programación cultural destinada ao público en xeral. O Departamento conta con varios programas anuais como de representacións teatrais, campamentos para os máis cativos, Entroido, Letras Galegas, Nadal, cursos de formación, servizo de biblioteca, exposicións, etc. Actividades que se difunden periodicamente na prensa, web municipal facebook, etc.

c)    En caso de que os usuarios necesiten algún local para cursos, asembleas, reunións, festivais, etc.  deben solicitalos con cita previa, primeiro no centro correspondente e logo tras solicitude no Rexistro Municipal de Boiro. (Este servizo é gratuíto salvo algunha excepción)

§  Casa da Cultura Ramón Martínez López e Biblioteca Municipal:

 

A Casa da Cultura está situada na Avda. da Constitución nª 30, e en concreto, na entrada do Parque da Cachada. Ofrece un servizo público accesible a toda a cidadanía e gratuíto

Este inmoble cultural conta con:

.. Salón de actos: conta cunha programación de representacións teatrais todo o ano dirixida ás crianzas, mocidade e persoas adultas.

.. Aulas de formación

.. Aula de informática da Deputación de A Coruña

.. Sala de exposicións.

.. Biblioteca Municipal: lugar con acceso a unha grande cantidade de libros, información e contidos, así coma acceso á tecnoloxía de xeito gratuíto e legal e sempre co asesoramento do persoal bibliotecario se o necesitamos. Lugar de estudio e de lecer, que conta con servizo de préstamo a domicilio. Ó longo do ano desenvolven unha programación de contacontos dirixida especialmente aos máis cativos  “Ler conta moito”.

 

- Nas súas dependencias atópanse os técnicos dos Dpto. de Educación e tamén do Dpto. de Deportes.

 

§  Centro Social de Boiro e Sala de lectura:

 

Situado na rúa Poeta Manuel María s/n, este espazo conta cos seguintes espazos e servizos accesibles a toda a cidadanía

- Local social de maiores

- Local social para mocidade “Estación Leñaverde”

- Sala de lectura pública municipal “universitaria” Lugar de estudio especializado para universitarios, que conta con servizo de préstamo a domicilio.

- Aulas informáticas rede Cemit

- Sala de exposicións especializada en novos creadores

- Aulas de formación homologadas, que tras reserva previa poden ser utilizados pola cidadanía.

- Oficinas de asociacións “residentes” no centro (Cruz Vermella, Barbantia, Olláparo e Banda Municipal de Música).

- Oficinas municipais (servicios de cultura, festexos e mocidade)

- Omix (oficina de información xuvenil)

- Escola de música municipal

- Locais de ensaio e local de gravación

- Cafetería

 

§  Centro Sociais veciñais:

- Información: no Centro Social de Boiro (Abanqueiro, Comoxo, Moimenta, Esteiro…)

   

§  Centro Social Cabo de Cruz: 981 84 78 59  cabodecruz@boiro.org

Situase na Rúa Pesqueira, 93 de  Cabo de Cruz,  conta coas seguintes espazos: 

- Auditorio

- Aulas de formación (4 und.)

- Sala de ordenadores

- Sala de exposicións aberta a todo/a artista e temática

- Salón social dá Terceira Idade

- Salón social polivalente: biblioteca, xogos, TV - vídeos,... (Provisional)

- - Oficinas de asociacións “residentes” no centro ( Asociación de Veciños "A Unión", Asociación AETEMA, etc.)

 

§  Centro Social Escarabote e Biblioteca: 981 84 99 50 –  leopoldo.portela@boiro.gal

Con enderezo en Agramuiña s/n. 15992. Escarabote /Lampón. Boiro,  este centro dispón das seguintes dependencias e servizos:

- Axencia de Lectura Municipal

- Aulas de formación

- Centro de reunión 3ª Idade

- Salón de Actos

- Sala de ordenadores

- Cafetería.

 

§  Centro Arqueolóxico do Barbanza:  981 84 83 10 –  centroarqueoloxicodobarbanza@gmail.com

 

Asentado en  Lug. De Neixón – Nine s/n Cespón – Boiro, este centro é un equipamento municipal gratuíto entre cuxas funcións está a divulgación do patrimonio arqueolóxico da Comarca do Barbanza. O Centro está estruturado en tres plantas e conta con:

- Sala de usos múltiples

- Laboratorio (pechado ao público)

- Recepción de visitantes

- Sala de exposicións permanente (Prehistoria recente do Barbanza: megalitismo, arte rupestre, cultura castrexa).

- Tenda de recordos e publicacións

- Sala de lectura

- Exposición de restos exhumados (castros de Neixón)

- Visitas guiadas de grupos organizados previa cita.

 

·               Corpos de Seguridade, Servizo Sanitario e outros:

§  Protección Civil:

É un corpo de seguridade que se encarga da prevención e intervención en situacións potencialmente perigosas  tales como: detección de riscos, accidentes industriais, de tráfico, portos marítimos, incendios…, actuacións encamiñadas a protexer ás persoas e os seus bens; restauración de servizos públicos; colaboración en eventos públicos (culturais, deportivos, etc.); participa na procura de persoas desaparecidas con outros corpos de seguridade, tamén actúa no salvamento de persoas que están en situación de risco e no rescate e recollida de fauna salvaxe. Tamén realiza actuacións ante inundacións, temporais, xeadas e desastres naturais. Así mesmo actúa en todos aqueles eventos nos que sexa requirido

 

A actuación da administración pública en materia de protección civil e emerxencias ten como obxectivos os seguintes:

1. Xestión de riscos:

a) Identificar, analizar e avaliar de maneira permanente os riscos existentes no territorio.

 b) Previr os riscos existentes mediante o conxunto de actuacións encamiñadas á diminución dos mesmos e a adopción de medidas necesarias para a súa detección e posibles solucións.

 c) Planificar a acción pública e privada ante as situacións de risco, prevendo unha estrutura operativa e de mando unificadas, os medios necesarios e os protocolos de actuación precisos para asegurar a integridade das persoas e dos bens.

 2. Xestión de emerxencias:

a) A canalización unificada das incidencias e alertas que se produzan a través do número único europeo de emerxencias 112.

 b) A xestión, entendida como a aplicación e adecuación dos plans establecidos ás características singulares das emerxencias que se produzan, a través de protocolos específicos e a mobilización dos medios e recursos dispoñibles ou que estean previstos incorporar para a mais adecuada resolución da emerxencia.

3. Xestión da rehabilitación mediante a restauración dos servizos esenciais e a recuperación da situación de normalidade tras a emerxencia.

 4. Xestión da formación e información:

a) A adecuada formación, preparación e coordinación das persoas que interveñen de forma profesional ou voluntaria na xestión de riscos e emerxencias.

 b) A formación dunha cidadanía responsable que colabore na prevención e xestión de riscos e a información públicas ás persoas e colectivos que poidan verse afectados por emerxencias.

Máis información: Galicia «DOG» núm. 94, de 16 de maio de 2007 «BOE» núm. 137, de 8 de xuño de 2007 Referencia: BOE-A-2007-11324

Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

§  Policía Local:

O Corpo da Policía Local  está situada na parte baixa do Concello de Boiro. É un Instituto armado de natureza civil, con estrutura e organización xerarquizada e que teñen que exercer as seguintes funcións:

 

a)    Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para elo.

b)    Protexer ás autoridades das Corporacións Locais e vixilancia ou custodia dos seus edificios e instalacións

 

c)    Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbano, dacordo có establecido nas normas de circulación.

 

d)    Instruír  atestados por accidentes de circulación dentro do casco urbano.

e)    Policía  Administrativa, no relativo ás Ordenanzas, Bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.

 

f)     Participar nas funcións de Policía Xudicial, na forma establecida no art. 29,2 desta lei.

g)    A prestación de auxilio, nos  casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas leis, na execución dos plans de Protección Civil.

 

h)    Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas Xuntas de Seguridade.

 

i)      Vixiar os espazos públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e ca Policía das Comunidades Autónomas na protección das manifestacións e o l mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para isto.

 

Mais información: "Lei Orgánica 2/86, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade"

§  Bombeiros:

É un corpo que se ocupa principalmente da extinción de incendios e doutros servizos de diversa índole pero que en moitas ocasións están relacionados cun sinistro.

A súas principais funcións son: Coordinar o control e a extinción de todo tipo de conflagracións e incendios entre outras emerxencias cotiás ou derivadas dun desastre onde se precise a súa intervención, ao poñerse en risco vidas humanas e os seus bens materiais. Actualmente os bombeiros son unha organización que se dedica a:

a) Prevención de accidentes e incendios

b) Control e extinción de incendios.

c) Atención de incidentes con materiais perigosos.

d) Atención prehospitalaria.

e) Salvamento de persoas e animais en casos de emerxencia.

f)  Asistencia e rescate en accidentes de tráfico.

g) Control da prevención na edificación (soporte técnico).

h) Outros sinistros difíciles de catalogar.

i)  Educación das persoas e nas empresas para a auto axuda en situacións de risco.

§  Garda Civil:

Con enderezo na Costa de Espiñeira - Boiro, a Garda Civil é un Corpo de Seguridade Pública de natureza militar e ámbito nacional que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Entre as súas función están:

a) A misión de garantir a protección da cidadanía fronte a os actos delituosos

b) Asegurar o cumprimento das leis levando ante a Xustiza a todo o que as incumpra

c) Defender o libre exercicio dos dereitos e liberdades e preservar a seguridade da cidadanía.

d) Atención e auxilio á cidadanía mediante a colaboración cos servizos de Protección Civil

e) A vixianza do tráfico

f)  Protección da natureza

g) Rescate e axuda en montaña e mar territorial

h) Calquera actuación que leve ao socorro e protección da cidadanía

§  Centro de Saúde:

Con enderezo en Lugar Saltiño s/n 15938 Boiro, o centro de saúde é un centro de atención médica primaria e atención de emerxencias.

O centro de Saúde de Boiro conta, principalmente, cos seguintes servizos:

. Medicina xeral            .Enfermería                .Pediatría        .Matrona      . Fisioterapia                      .Odontoloxía                 . Farmacia        . Análises

§   Hospital Barbanza:

Con enderezo en Lugar Salmón s/n, Ribeira, é un establecemento destinado á atención especializada e asistencia a enfermos por medio de persoal médico, enfermería, persoal auxiliar e de servizos técnicos durante 24 horas, 365 días do ano e dispoñendo de tecnoloxía e aparatoloxía.

A atención especializada comprende a: Asistencia especializada en consultas, a asistencia especializada en hospital de día médico o cirúrxico, a hospitalización en réxime de internamento, a hospitalización domiciliaria e o procedementos diagnósticos e terapéuticos.

 

O Hospital do Barbanza conta cos seguintes servizos:

a)        Laboratorio de análises clínicos/bioquímica

b)        Medicina Interna

c)        Servizo de anestesioloxía e tratamento da dor

d)        Servizo de farmacia

e)        Servizo de Hematoloxía clínica

f)         Servizo de Obstetricia

g)        Servizo de Radiodiagnóstico

h)        Servizo de rehabilitación

i)          Servizo de urxencias

 

§  Emerxencias: 112  (único)

O 112 é un número único de asistencia á cidadanía ante calquera tipo de emerxencia (sanitaria, de extinción de incendios e salvamento ou seguridade cidadán); é un numero gratuíto que lle resolverá a súa emerxencia cos efectivos e medios necesarios (deste xeito non fai falta chamar directamente aos servizos de atención de emerxencia cidadán).

§  Punto Limpo:

 

O punto limpo é unha instalación municipal cuxa principal función é a de ofrecer á cidadanía un lugar onde depositar de xeito separado os residuos que se xeran no fogar. É un lugar de reciclaxe. 

 

 

Ø  DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN:  

·                    Departamento de Educación Concello de Boiro

Asume competencias de xestión xeral e específica, planificación e dinamización educativa ou participación cidadá. Adquiren, en xeral, unha estrutura con presuposto específico e funcións diferenciadas, destacando tres áreas que se concretan nas unidades de obras; dinamización e planificación educativa; e xestión e coordinación.

Segundo estas tres unidades as principais funcións do Departamento de educación son:

a)    Promover, organizar  e coordinar actividades  educativas dirixidas ós centros escolares, asociacións, colectivos e cidadanía en xeral. Actividades de educación ambiental, animación á lectura, teatro, contacontos, exposicións…..

 

b)    Informa sobre cuestións relacionadas co ámbito educativo de calquera nivel: primaria, secundaria,  formación profesional, ensinanzas de réxime especial (escolas de arte, música, idiomas), educación especial, participación en programas e actividades organizadas  nas que colabore o Concello, requisitos para beneficiarse das subvencións, becas convocadas en materia educativa….

 

c)     Xestiona  axudas  e subvencións municipais  en relación co ensino.

 

d)    Xestionar solicitudes de obras, competencia do Concello,  dos centros educativos

 

e)    Organización, coordinación, dirección, execución  da Aula de Adultos , onde se imparten clases para a obtención do título de graduado en secundaria para persoas  maiores de 16 anos cuns determinados requisitos,que queiran adquirir , actualizar  ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.

Matricula e asesoramento de cursos da AULA MENTOR. 

 

f)   En definitiva, encargase da  planificación, organización, dirección, coordinación, execución e control das actividades que se executan no ámbito educativo, e de todas aquelas cuestión que poidan xurdir en casos especiais como por exemplo as xurdidas por mor do covi-19.

 

 ·               Centros de Ensino Boiro:

§  Centro de Formación e Viveiro de Empresas; é un centro de formación profesional onde se imparten cursos específicos de diversa actividade empresarial

§  CEIP: son centros de ensinanza de educación infantil é primaria (de 3 a 12 anos) obrigatoria de carácter público

§  IESP: Son institutos de educación secundaria de carácter público

·               Garderías Infantís:

Toda gardería vai dirixida a crianzas de o a 3 anos e ten tres funcións destacadas:

a) Ofrecer un contexto educativo e de desenvolvemento para as crianzas.

b) Dar un servicio para as familias que creen que a gardería é importante para o desenvolvemento dos seus fillo/as, ou para conciliar a vida familiar e laboral.

c) É un apoio para os pais e nais na educación dos seus fillos/as.

No Concello de Boiro temos tres garderías: dúas públicas, a "Gardería Galiña Azul" situada no Lugar do Saltiño e outra en Praia Xardín; e outra de carácter privado: a Escola Infantil Praia Xardín.

 

·               ANPAS de Boiro:

Son asociacións de pais, nais e titores legais do alumnado dun centro educativo , legalmente constituídas cuxo obxectivo principal é fomentar a participación das familias e colaboración nunha educación integral, tanto académica como persoal.

As súas principais funcións son:

a) Función de asistencia aos país/nais: Asistir aos país, nais e titores en todo o relativo á  educación dos seus fillos/as.   

b) Función de colaboración: Colaborar nas actividades educativas dos centros.

c) Función de promoción de participación: Promover a participación dos pais, nais e/o titoras e titores do alumnado na xestión do centro.

d) Función de control: Asistir aos pais, nais e/o titores/as do alumnado no exercicio dos seu dereito a intervir no control e xestión dos centros sostidos con fondos públicos.

e) Función de representación ante os Consellos Escolares: Facilitar a representación e a participación dos pais, nais e/o titores/as do alumnado nos consellos escolares dos centros públicos e concertados, e noutros órganos colexiados.

 

Ø   OUTROS CONTACTOS DE INTERESE:

        ·       Axuda á Infancia:

 

A liña de axuda á infancia é un servizo para tódolos/as nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesiten axuda o queiran falar sobre os problemas que lles afectan. Tamén poden chamar todas aquelas persoas que saiban o sospeiten que algún neno ou nena pode estar a ser maltratado ou que non está sendo correctamente atendido. 

 

É unha liña gratuíta e anónima que funciona durante todo o ano, as 24 horas do día. Neste teléfono  encontrarase sempre cun profesional á disposición dos cativos, que buscarán a mellor solución para cada caso. 

 

        ·      Axuda á Muller:


Fundamentalmente esta liña axuda céntrase nos seguintes obxectivos:

a) Facilitar información sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais, educativas, recursos e servizos para mulleres e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o soliciten.

 

b) Prestar servizos de información e asesoramento ás mulleres sobre os recursos existentes na prevención da violencia e axuda integral ás vítimas.

 

O teléfono da Muller está integrado por un equipo multidisciplinar que ten por finalidade informar e asesorar sobre cuestiones relacionadas cas seguintes materias:

 

a) Separacións, divorcios, abandonos do fogar, sentencias incumpridas...

b)  Maltrato, vexacións, ameazas, agresións sexuais, acoso sexual...

c)  Cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas...

d) Discriminación laboral, permisos de maternidade e paternidade, apoio á contratación...

 

e) Servizos sociais, casas de acollida, centros de información á muller, programas para mulleres desfavorecidas, gabinetes de orientación familiar..

 

f) Educación para a igualdade, materiais didácticos non sexistas, publicidade discriminatoria para coas as mulleres...

 

g) Apoio ó asociacionismo, xornadas, seminarios, subvencións a asociacións, publicacións...

 

h) Políticas de igualdade, proxectos europeos, actuacións de medidas de outros organismos de igualdade...

 

                             É un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, dende calquera teléfono fixo o móbil, e que ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma.

Comentarios