EN (clave) PROXECTO INTEGRAL DE EDUCACIÓN, IGUALDADE E SAÚDE

 PROXECTO EDUCATIVO EN(CLAVE)

A necesidade prioritaria  de traballar accións relacionados coa promoción social da igualdade de xénero, a resolución de conflitos e a saúde mental viuse agudizada polo escenario de crise sanitaria, a convivencia forzada, os cambios socioeconómicos e a imposibilidade de relacionarse de maneira presencial afectando especialmente a colectivos en situación de vulnerabilidade.

 Neste escenario aumentaron significativamente as demandas por parte dos centros educativos da creación de redes de apoio e programas de benestar e saúde emocional do alumnado.

 Dende as áreas de educación e  igualdade do Concello de Boiro, enténdese necesario, neste contexto postpandémico, desenvolver un proxecto que traballe dende unha perspectiva integral en colaboración con outros axentes presentes no territorio, na promoción de actividades en materia de saúde e igualdade no ámbito educativo.

 O propósito é impulsar o cambio de valores, actitudes, roles e estereotipos a través dun proceso de recuperación da súa saúde integral, favorecendo un proxecto que traballe de forma transversal a adquisición de hábitos de saúde, benestar físico e socio-emocional.

 O escenario do proxecto será o sistema educativo considerando que  é o ámbito privilexiado e espazo idóneo para estimular as transformacións e cambios que deben implicar ao conxunto da comunidade educativa no seu sentido máis amplo: administración educativa, profesorado, alumnado, familias...

 AS LIÑAS ESTRATÉXICAS DO PROXECTO SON:

 Transversalidade/

O concepto de transversalidade fai referencia a necesidade de que  a igualdade de xénero trabállese dende os ámbitos sociais, culturais e educativos.

 Participación/

É preciso que as actuacións impliquen a participación ou xurdan das propostas de asociacións, centros educativos, profesorado, veciñanza e axentes sociais.

 Sensibilización/

Sensibilizar para acabar cos estereotipos de xénero e Impulsar o cambio de valores, actitudes e roles que sustentan as desigualdades.

 Diversidade/

É preciso ter en conta a multidimensionalidade da igualdade e respectar todas as diferenzas, individuais e colectivas, poñendo especial coidado en valorar a diversidade nos ámbitos, sexual, cultural ou étnico.

  ESTE PROXECTO ESTÁ DESTINADO A: 

Nenos/as e adolescentes (entre 12 e 18 anos) nos que conflúen factores sociais, familiares e/ou persoais que poñen en dificultade ou perigo o seu pleno desenvolvemento persoal e social

 Alumnado dos 6 CEIP do Concello de Boiro de 1º, 2º e 3º de primaria

 Alumnado dos 3 IES do Concello de Boiro de 1º , 2º, 3º e 4º ESO.


OS PROGRAMAS QUE SE ESTÁN LEVANDO A CABO SON:

Área 1/Igualdade, sensibilización social e visibilidade

 

-          Muller e literatura en Rede #ElasEscriben

Campaña de difusión nas redes sociais para loitar contra a invisibilidade das mulleres na literatura. A campaña realizarase en colaboración cos centros educativos a través dunha actividade da recompilación de vídeos do alumnado onde aporten recomendacións de mulleres escritoras referentes para eles. 

-          Ciclo de escritoras de Boiro 

Durante o mes de novembro, coincidindo coa conmemoración do 25 de novembro, día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, desenvolverase un ciclo de presentacións literarias de escritoras boirenses ca finalidade de visibilizar e poñer en valor a súas obras e traxectorias na escrita.

-          Obradoiro prevención violencia de xénero 

A través do Centro de Recuperación Integral para vítimas de violencia de xénero da Secretaría Xeral de Igualdade, sobre as consecuencias desta violencia nas mulleres e nos nenos e nas nenas e pautas para abordala.

-          Obradoiro práctico sobre diversidade sexual

Ofrecer nos centros educativos o testemuño dalgunha persoa que sufrise unha experiencia dura a causa do sexismo ou homofobia a través da Asociación Arelas

Área 2/Educación e prevención  

-          Obradoiro de educación emocional e resolución de conflitos a través do teatro, a través de estes obradoiros traballarase o fomento da corresponsabilidade, a coeducación, a prevención da violencia e o control emocional

-          Roteiros educativos

Actividade para achegar o patrimonio sociocultural dende unha perspectiva educativa ao alumnado do Concello de Boiro 

-          Programa “Na túa onda”

Actividade que empregará a radio como instrumento para visibilizar a aprendizaxe informal do alumnado ao redor de temáticas que lles preocupen,  realizar a entrevistas a personaxes do mundo da cultura, o deporte ou a educación e implantar as TIC como ferramenta e recurso para o proceso ensino-aprendizaxe.

 Área 3/Educación ambiental 

Traballando a BIODIVERSIDADE. Actividades:

 Especies Exóticas Invasoras do Concello de Boiro: Plántate contra as especies alieníxenas!

Actividade na que coñeceremos a flora invasora do Concello de Boiro, a súa localización, o seu comportamento e a problemática destas especies. Iremos identificándoas ó longo das paradas establecidas con xogos e pequenas actividades e faremos algunha tarefa de eliminación dalgunha destas especies.

 Árbores senlleiras do Concello de Boiro: Árbores con moito conto!

Consistirá nunha charla previa onde coñeceremos algunha das árbores senlleiras propostas para a inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, as súas características e importancia destes exemplares. Realizaremos dinámicas e xogos para coñecer e aprender a identificar as árbores senlleiras de Boiro.

 Traballando a XESTIÓN DE RESIDUOS. Actividades:

 Compostaxe caseira e xestión de residuos  domésticos: Non é lixo, é un tesouro!

-Taller “fábrica de vida”, que consistirá nunha charla previa e unha serie de actividades para comprender como funciona un composteiro, que debemos botar nel e o proceso que debemos seguir para elaborar o compost dunha forma satisfactoria.

 Área 3/Saúde e benestar

 -          Actividade de benestar emocional e educación sexual para crianzas 

Actividade xeral sobre xestión saudable das emocións e relacións. Ten como eixes transversais o autocoñecemento do corpo, a xestión das emocións, o bo trato e a autoestima. Trabállase a comunicación asertiva a posta de límites e a negociación para garantir as relación desexadas libres de coacción e violencias. 

-          Obradoiro nutrición e hábitos saudables 

Traballarase sobre un contido multidisciplinar que terá como eixo principal a nutrición. Á temática sobre nutrición integrarase a perspectiva de  igualdade e sustentabilidade unificando a nutrición coa saúde 

-          Programa Sorrisos intelixentes: Proxecto de hixiene bucodental.

Actividade que ten como obxectivo fundamentar a necesidade dunha hixiene bucodental correcta e detectar as carencias existentes entre o alumnado en idade escolar nese ámbito. O proxecto desenvolverase ao longo do curso escolar en varias fases:

 

Comentarios