CAMPAMENTOS DE VERÁN BOIRO 2022

A Concellería de Educación do Concello de Boiro leva a cabo unha nova edición do Campamento concilia de Verán 2022 destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Esta actividade ten como finalidade facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles e axustado ás súas necesidades, ofrecendo unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre ás crianzas participantes. O desenvolvemento das actividades do campamento está basado en técnicas de intervención participativas e activas, nas que se fomentará a creatividade e os valores de respecto e solidariedad con enfoques non sexistas. Consulta as bases de participación: BASES IMPRESOS Prazo e presentación de solicitudes : Do 1 ao 10 de xuño no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. Calendario : o Campamento concilia de Verán 2022 desenvolverase entre o 4 de xullo e o 30 de agosto agás sábados, domingos e festivos....