NOVA ORDE DE AVALIACIÓN
ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto actualizar a normativa sobre a avaliación e a promoción na educación primaria, así como sobre a avaliación, a promoción e a titulación na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato.
Ámbito de aplicación
Esta orde será de aplicación nos centros docentes correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia en que se impartan as ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. ...
Máis información no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-260122-0001_gl.html
Comentarios
Publicar un comentario