BENVIDA

Estimadas/os compoñentes da Comunidade Educativa, hoxe nace o blog do Departamento de Educación do Concello de Boiro, froito da necesidade de ter información de primeira man de toda a actividade, subvencións, contactos, regulamentos, etc. que pode ser do voso interese. 
 Dende o departamento, esperamos que con este blog poidamos solucionar, senón todas, varias das vosas demandas de información e así mesmo, dicirvos que estará aberto a calquera tipo de suxestión que queirades aportar para melloralo, e publicación de calquera información (cursos, subvencións, obradoiros etc.) que consideredes que sexa de interese para toda a Comunidade. 
Cando queirades remitirnos información (debe ser como arquivo adxunto word e en caso de carteleira e fotos en formato JPG, e poñer en asunto publicación blog educación) para que se publique no blog debedes remitila ao seguinte enderezo electrónico: cabodecruz@boiro.org 
Sen máis, agradecervos de antemán, o voso interese, colaboración e participación, desexando que esta nova fiestra dixital vos guste e, sobre todo, vos sexa de utilidade 


 ¡BENVID@S A TOD@S!

Comentarios

  1. Moitas gracias! Penso que era algo moi necesario e que sen dúbida enriquecerá a toda a comunidade.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa pola iniciativa.
    Unha ferramente de interese para a comunidade educativa

    ResponderEliminar

Publicar un comentario